Ollos de aula. nº 10

  • Published on
    24-May-2015

  • View
    17.674

  • Download
    11

DESCRIPTION

N 10 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Novembro 2013. Versin A4.

Transcript

1. OllOs deaulaANO II - N 10 - Novembro 2013Revista para as familias do alumnadoCando se pode falar de acoso escolar? A coeducacin, a mellor das herdanzas Proxecto interdisciplinar 2. Non perdas o Culturgal, a Feira da cultura galega que se vai celebrar en Pontevedra o 29 e 30 de novembro e o 1 decembro. Toda a informacin en www.culturgal.com.A promocin da nosa lingua perdeu con Feijoo o 67% do seu orzamento. Fraga dedicballe o 0,43% do presuposto da Xunta, Feijoo o 0,06%. Todos os datos en http://ir.gl/27778d e http://ir.gl/8cf5b9.200 preguntas, 3 concellos, 5 campos iso o Trivial da Terra de Melide. Descrgao para Android dende http://ir.gl/b08d4e e a ver canto sabes!Mis de 500 inscritos nos I Premios Galegos da Msica Martn Cdax. Podes seguir as votacins e gozar da sa msica en http://ir.gl/f8147e/ Orgullosos/as da nosa msica!2Manuel lvarez Torneiro vn de gaar o Premio Nacional de Poesa co seu poemario en galego Os ngulos da brasa. Orgullosos/as da nosa lingua!Queres sabelo todo sobre o mundo dos coches e das motos? Entn tes que ler Sprint Motor, a revista galega dedicada ao mundo do motor. www.sprintmotor.com/Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Deseo-maquetacin:tallerDD.com 3. A preguntaCando se pode falar de acoso escolar??Responde: Nuria Mguez Mon [Orientadora do CPI Aurelio Marcelino Rey Garca (Cuntis - Pontevedra)]Hai varios elementos que deben darse nunha conduta para que poida falarse de acoso escolar (tamn chamado maltrato entre iguais ou bullying) e non confundila con outras agresins que, anda que sexan puntuais, e absolutamente rexeitables e sobre as que tamn hai que intervir de forma inmediata e efectiva, non constiten unha situacin de acoso escolar. Eses elementos seran, fundamentalmente, a intencionalidade, o desequilibrio de poder, a indefensin e a repeticin. Tamn temos que ter claro que cando falamos de acoso escolar non falamos s de agresins fsicas (pelexas, calugadas, destrozar ou agochar cousas), senn tamn de intimidacins verbais (insultos, alcumes, falar mal de algun, pintadas no encerado), intimidacins psicolxicas (ameazas, provocar medo, obrigar a algun a facer cousas que non quere), illamento social (ignorar, desprezar, exclur das actividades, deixar s no patio, facer parellas ou grupos sen contar con esa persoa) ou ciberacoso (mensaxes ao mbil ou a travs de internet). Estas condutas convrtense, como diciamos antes, en acoso escolar cando existe a intencin de facer dano, ao minar primeiro a autoestima da vtima, crear unha situacin na que esta se sinta indefensa, incapaz de pedir axuda ou de sar desta situacin por si soa... e que sita o acosador/a nun plano de superioridade sobre a vtima ao permitir que a conduta se repita, tea continuidade no tempo.3 4. O tema Se difcil resulta a tarefa de educar, moito mis resulta anda a de coeducar. Educar para a igualdade real entre nenas e nenos, mulleres e homes, significa inventar algo novo, ofrecerlles s nosas fillas e fillos algo que ns non recibimos na nosa infancia nin na vida adulta e que, por desgraza, non se pode adquirir en ningunha tenda. Se a isto engadimos que o primeiro principio da educacin predicar co exemplo, que aprendemos mis do que vemos facer que dos discursos que escoitamos, a dificultade resulta evidente: o sexismo presente en toda a sociedade aprndese e reprodcese en gran medida nos fogares, na maior parte dos casos de maneira acrtica e inconsciente.A coeducacin, a mellor das herdanzas M Sonia Fernndez Casal [Docente de Matemticas no IES Fontexera (Muros-A Corua)]Lonxe de botarlles a culpa s familias, especialmente s mulleres, como responsables de perpetuaren o machismo argumento inxusto onde os haxa, pero que se escoita acoto, cmpre reivindicar a capacidade de cambiar a sociedade dende as pequenas accins do da a da, especialmente cando afectan s nenas e nenos do presente, persoas adultas do futuro. Velaqu algns exemplos de actitudes que podemos coidar para romper a correa de transmisin do sexismo no contorno familiar: a) dirixirnos a nenas e nenos co mesmo ton de voz e expresins; permitirlles chorar a ambos se se mancan ou estn tristes, regalar bicos, apertas e aloumios sen diferenzas de sexo, por parte de nais e pais. Favorecer tamn a expresin e xestin das emocins, especialmente no caso dos nenos, ensinndolles que hai crenzas que resultan erradas (prexuzos) e non deben reproducir. b) permitir e promover que nenas e nenos xoguen xuntos: que as nenas corran, gabeen, lixen a roupa, xoguen ao ftbol... coa mesma liberdade que o fan os nenos. Que os nenos xoguen s casias, aos paps... coa mesma liberdade que o fan as nenas.4 5. Amosarlles que non existen xogos de nenos e xogos de nenas, a pesar do que perciban como socialmente aceptable. Por suposto, fomentar xogos, xoguetes e contos non sexistas.fsico: que guapa ests, que vestido tan bonito, poendo en valor outras cualidades que lles permitan ter unha maior confianza en si mesmas.c) vestir as nenas con roupa e calzado cmodos que lles permitan explorar a sa contorna e as sas habilidades fsicas en condicins favorables. Evitar comentarios reiterados por parte de persoas adultas sobre o seu aspectod) dar protagonismo s nenas nas intervencins pblicas, prestndolles a mesma atencin que reciben os nenos. e) ensinar a participar das tarefas domsticas por igual: poer ou recoller a mesa, facer a cama, regar as plantas, facer a compra... De adultos precisarn saber facelo! f) evitar as expresins pexorativas sobre cada sexo, promovendo unha visin positiva de ambos, sen asignar comportamentos preestablecidos. En definitiva, dar unha oportunidade igualdade entre nenas e nenos representa unha aposta por criar persoas mis libres, autnomas e completas do que nos aprenderon a ns. Significa facilitarlle a vida a unha xeracin que se enfronta a un porvir no que todo vai ser cambiante e no que, sen dbida, as relacins sociais, as relacins entre homes e mulleres, entre a vida domstica e a laboral, van experimentar transformacins considerables. De ns depende que sexa para mellor.5 6. Palabras do ensino Lines SalgadoNos boletns de {PROXECTO notas de 1 da INTERDISCIPLINAR} ESO aparece unha materia denominada Proxecto Interdisciplinar que moitas veces provoca certo desconcerto entre as familias, pois non se sabe moi ben que nin que se fai nela. Foi a LOE a que introduciu o Proxecto no currculo do primeiro curso. Ten asignada unha hora semanal, e dirixido, preferiblemente, polo titor ou titora do grupo. Falando propiamente, non poderiamos dicir que unha materia, porque do que se trata de levaradiante unha investigacin ou tarefa (de a o nome de Proxecto), utilizando o maior nmero posible de coecementos e habilidades. Procrase que haxa varios departamentos implicados (especialmente os de linguas e o de tecnoloxa) e que os rapaces aprendan a traballar de xeito autnomo, utilizando fontes de informacin diversas. O resultado final deber presentrselles aos demais compaeiros nunha exposicin oral ou escrita. O proxecto interdisciplinar vaise avaliando trimestralmente, pero non ten unha cualificacin nas actas finais. Porn, dlle unha informacin moi valiosa ao profesorado sobre a competencia xeral dos estudantes.6 7. CADENCIASGracia SantorumPara escoitar Pan de millo [Migallas, Ed. Kalandraka]. Libro disco con 14 cancins infants e versins de temas tradicionais do grupo Migallas xunto coas ledas ilustracins de Dani Padrn. Co proceso de elaboracin do pan de millo como fo condutor, o libro e as cancins axudan a recuperar a memoria dos avs, ademais de procurar un divertimento. Os temas tratan cuestins actuais como a colaboracin fronte competicin, a promocin da paz ou o exceso de actividades extraescolares, inclundose propostas da expresin plstica ou dramtica.Para ler... Oliver Twist [C. Dickens, Ed. Baa]. Nesta fermosa edicin da editorial Baa poderemos coecer as desventuras de Oliver Twist, un neno orfo de nove anos que sofre explotacins, fame e maltrato. Mesmo ter de se converter en ladrn para sobrevivir. Unha adaptacin magnfica da novela de Charles Dickens, un clsico que non debe faltar en ningn fogar, xa que un libro atemporal que constituu a primeira novela inglesa cun neno como protagonista onde destaca o escasamente romntico tratamento do mundo dos criminais e as sas srdidas vidas.Para facer Esta unha recomendacin xeral, a de acudir ao teatro sempre que poidades, cando haxa unha funcin na vosa vila, na vosa cidade, unha funcin infantil, unha funcin de actores e actrices afeccionados/as, de profesionais. D igual, importante que os mis pequenos comprendan que esta arte un xnero diferente, unha boa opcin para rir, para emocionarse, para chorar Procuremos que a ltima vez que fomos ao teatro non sexa a derradeira, que non desapareza o teatro.7 8. Da linguaA roupa de domingoComo cada curso escolar, moitos dos esforzos dos equipos de normalizacin e dinamizacin lingstica dos centros educativos cntranse en organizaren un calendario anual de actividades en torno s celebracins culturais que comezan en novembro polo Saman e rematan polo 17 de maio, co Da das Letras Galegas. E hai que recoecer que, sen o esforzo e entusiasmo dos equipos, moitas desas actividades festivas teran menos xito, ou nin sequera chegaran a se celebrar. Non obstante, s veces semella que os equipos de normalizacin fican reducidos a unha especie de comisin de festas, encargada de animar as datas festivas marcadas no calendario oficial, deixando nun segundo plano outras angueiras mis evidentes, como a necesaria promocin da lingua no da a da, tanto dentro das aulas como fra delas. Tamn as familias debemos entender que a lingua galega non constite unha especie de roupa de domingo que se usa s en ocasins especiais, e que logo se garda no armario, entre blas de alcanfor, para que non se desgaste polo uso que se lle podera dar nos das laborais. Pois semella que estamos moi orgullosos de vivir como galegos, mais non tanto de falar como tales. Este uso folclrico do idioma non pode resolverse con ningunha lei ou decreto educativo: somos ns, pais e nais, os que debemos dar un paso adiante, para que a lingua non resulte un adorno extico nas vitrinas dos museos, senn unha ferramenta til nas nosas bocas. E mentres todos ns non asumamos estas contradicins, seguiremos a predicar, mais sen dar trigo.8